Sorcha Showband: grupo musical para vodas e festas en toda Galicia

Nove músicos, un show continuo e unha soa idea: que ninguén quede sen bailar. Queres festa? Queres Sorcha!

9 músicos en directo15 anos tocando xuntosAs 4 provincias galegas2.936 seguidores en @sorcha_oficial

Un show sen pausas, para todas as idades

Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.

Adaptámolo a cada momento: máis elegante no cóctel dunha voda, a tope na verbena das festas da aldea.

Coñece o show
Saxofonista de Sorcha Showband en directo

Así soa unha festa con Sorcha

Celebración no Pazo A Fábrica
Rock in Rian · Rianxo
Festas de agosto
Voda de Xavi e Ana

Ver todos os vídeos →

Onde tocamos últimamente

  • Muxía
  • O Barqueiro
  • Rianxo (Rock in Rian)
  • Chantada
  • O Incio
  • Segán
  • Arbo
  • Castroverde
  • Barcia
  • Carral
  • Illa de Arousa
  • Ribadavia
  • O Carballiño
  • Luintra
  • Ourense
  • Pazo A Fábrica
  • A túa festa, aquí

Por zonas

Os 9 músicos de Sorcha Showband

Nove músicos, unha banda

Sorcha naceu en Ribadavia e hoxe percorre toda Galicia. Os 15 anos tocando xuntos nótanse no escenario: compenetración, enerxía e oficio para ler cada público.

Quen somos

Preguntas frecuentes

Que música tocades?

Un show continuo duns 80 minutos sen pausas: clásicos de verbena e pop-rock español dos 80 e 90, grandes éxitos internacionais con metais, latino e regueton actual, temas galegos e folk-fusión, e un peche de pop-rock actual para rematar todos saltando. Música para todas as idades, con orgullo galego.

Desprazádesvos por toda Galicia?

Si. Tocamos nas catro provincias: últimamente estivemos en Muxía, Carral, Rianxo, O Barqueiro, Chantada, O Incio, Illa de Arousa, Arbo, Ourense ou Ribadavia, entre outros. Indícanos o concello e temos en conta o desprazamento no orzamento.

Que tipo de actuación facedes?

Facemos concerto-show en directo: un espectáculo de escenario pensado para que ninguén quede sen bailar, en festas, verbenas, festivais, vodas e celebracións.

Canto dura a actuación?

O show tipo dura uns 80 minutos seguidos, pero adaptámolo ao evento: un momento concreto da voda, unha sesión de verbena ou varios pases.

Que necesidades técnicas tedes?

Somos 9 músicos (batería, baixo, guitarra, dúas trompetas, dous saxos, trombón e voz). Tocamos no noso propio carro móbil e levamos xerador, así que non precisamos toma de corrente, só un espazo onde colocarnos. Concretámolo contigo ao preparar o orzamento.

Con canta antelación hai que reservar?

Canto antes, mellor: as fins de semana de verán e as datas de festas patronais resérvanse con meses de antelación. Escríbenos coa túa data e dicímosche se está libre.

Falamos da túa data?

Cóntanos o tipo de evento, a data e o lugar. Enchelo leva menos de 30 segundos.

Ou directamente: 694 253 539 · Instagram · [email protected]